Tecnoloxía Opentrad
Que é Opentrad?
Opentrad é a plataforma líder en servizos de tradución automática en código aberto. Opentrad axuda e permite asumir os custos derivados da xestión do multilingüismo aforrando tempo e diñeiro. Ademais, polo seu carácter de software libre, elimina a dependencia dun único provedor e os custos de licenzas.
Que os teus clientes falen outros idiomas xa non é un problema
Nun momento de crise e competitividade tan alta como o actual, resulta clave aumentar a produtividade e diminuír os custos. Con Opentrad poderás aforrar desde un 80 % os gastos derivados da tradución e o mantemento dos teus contidos, sexa cal sexa o teu obxectivo.
- Xera documentación a diferentes idiomas de maneira rápida.
- Mantén a túa web nunha gran variedade de idiomas en tempo real.
- Preocúpate máis pola elaboración de contidos que polos idiomas.
- Internacionaliza as túas empresas e administracións.
- Comunícate mellor cos teus clientes.
- Adáptate mellor aos mercados locais.
Facilidade de integración
Opentrad permite a integración con calquera sistema e adáptase ás necesidades de cada cliente.
Indicado para organizacións que manexan un amplo volume de documentos en diferentes idiomas.
Calidade e personalización
Opentrad é personalizable e adáptase ás necesidades terminolóxicas específicas de cada cliente. Cada vez máis empresas e organismos públicos optan por utilizar o noso sistema pola súa calidade lingüística.
Rapidez de tradución
Grandes empresas de comunicación apostan por este sistema que permite manter versións multilingües nun só clic.
Sen licenzas
Opentrad permite optimizar o investimento en tecnoloxías.
Os custos son derivados do asesoramento, da personalización e da adaptación do sistema ás necesidades particulares do cliente.
A que esperas para poñer Opentrad a proba?
Recomendacións de uso
- Corrixir o texto orixinal antes de realizar a tradución.
Un tradutor automático non é un corrector, polo cal os erros que conteña o texto orixinal afectarán ao desempeño do mesmo. Por exemplo, se traducimos a frase «el tendria la libertad» obteremos como resultado «o *tendria a liberdade», xa que «él» (pronome) e «tendría» (verbo) son palabras acentuadas en castelán e o tradutor identificou, respectivamente, como artigo (“él” sen acento) e como palabra descoñecida. - Utilizar frases curtas e simples.
As frases curtas e simples favorecen que as traducións sexan correctas, xa que é máis fácil evitar posibles ambigüidades. Un texto ambiguo resultará nunha tradución ambigua. - Coidar a puntuación e a sintaxe.
É aconsellable coidar tanto a puntuación como a sintaxe, elementos fundamentais para a comprensión daquilo que se quere expresar e para a súa correcta transmisión. - Evitar as expresións coloquiais e idiomáticas.
É recomendable evitar as expresións coloquiais e idiomáticas que poidan causar confusión e dificulten a boa comprensión por parte do tradutor/lector e, ao mesmo tempo, provoquen erros na tradución. - Revisar a tradución.
A revisión da tradución é fundamental, xa que os procesos automatizados empobrecen o idioma.
Novos idiomas
Opentrad ten na actualidade máis de 20 pares de idiomas estables desenvolvidos tanto polo consorcio Opentrad como pola comunidade de desenvolvemento. A continuación, unha mostra:
- Español-Catalán
- Español-Romanés
- Francés-Catalán
- Occitano-Catalán
- Inglés-Galego
- Occitano-Español
- Español-Portugués
- Inglés-Catalán
- Inglés-Español
- Inglés-Esperanto
- Español-Galego
- Francés-Español
- Esperanto-Español
- Galés-Inglés
- Bretón-Francés
- Esperanto-Catalán
- Portugués-Catalán
- Portugués-Galego
- Español-Éuscaro
- Noruegués Nynorsk-Noruegués Bokmål